Copa Galicia: a categoría júnior busca novos campións

As Copas Galicia de Base recollen o relevo deixado estas dúas semanas pasadas polas súas irmás maiores: Sénior e EBA.

A categoría Júnior é a encargada inmediata de continuar ampliando o palmarés copeiro da temporada 2016 – 2017. Farao coa celebración este mesmo sábado, oito de outubro, das súas Fases Finais masculina e feminina.

As localidades de Ourense e Vigo acolleran a competición masculina e feminina, respectivamente; con formato de semifinais e final, contando cos seguintes clasificados: 

Fase Final Copa Galicia Júnior Masculina: Ourense (organiza COB)

08/10/16 – Pavillón Paco Paz.

Equipos: Club Ourense Baloncesto, Instituto Rosalía, Obradoiro – Peleteiro e Sigaltec.

Fase Final Copa Galicia Júnior Feminina: Vigo (organiza C.D.Bosco)

08/10/16 – Pavillón Bouzas.

Equipos: Real Club Celta, Estudiantes Lugo Leyma Natura, Durán Maquinaria Ensino e La Cibertienda CLB

No documento que se achega, detállase o horario concreto e cruces dos tres encontros que centrarán a atención de cada fase.

Copa Galicia 2016 – 2017: Júnior Masculina e Feminina

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram