Copa Galicia 2014: Real Club Celta e Pio XII Rosalía, líderes en minibasket

A edición 2014 da Copa Galicia pechou este sábado o ano deportivo sumando os seus dous últimos nomes ao cadro de honra. A categoría minibasket foi a encargada de poñer o broche de ouro á competición copeira coa celebración este sábado, un de novembro; da súa Fase Final.

Copa Galicia 2014 – 2015: Galería de Imaxes

Con Vilagarcía como sede, e coa colaboración e indispensable organización da Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía, disputáronse as semifinais e finais, deixando como vixentes campións a Real Club Celta, en feminino; e Pio XII Rosalía, no apartado masculino.

Viguesas e santiagueses lideraron un cadro de equipos que, na súa totalidade, destacou pola súa deportividade e as súas gañas de desfrutar aprendendo e crecendo co basket. Parabéns a todos.

COPA GALICIA MINIBASKET FEMININA: FASE FINAL (01/11/14)

IMG-20141101-WA0018

Semifinais
Giraldo CB 03 – Pío XII Fedesa (57 – 41)
Carmelitas “A”– La Academia Celta (30 – 61)

3º e 4º Posto
Pío XII Fedesa – Carmelitas “A (58 – 41)

Final
Giraldo CB 03 – La Academia Celta (70 – 82)

COPA GALICIA MINIBASKET MASCULINA: FASE FINAL (01/11/14)

IMG-20141101-WA0020

Semifinais
Giraldo C.B. Royal – Pio XII Rosalía (18 – 68)
Seis do Nadal “A” – Jesuitinas (23 – 74)

3º e 4º Posto
Giraldo C.B. Royal – Seis do Nadal “A” (54 – 56)

Final
Pio XII Rosalía – Jesuitinas (65 – 56)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram