Convocatoria de Seguimento e Tecnificación na Delegación de Arousa

A zonal en Arousa da FGB leva ata o Pavillón Municipal de Vilanova de Arousa as tarefas de seguimento e control que require o Programa de Tecnificación da FGB para esta temporada 2012 – 2013.

A cita en cuestión será este domingo, 27 de xaneiro, e as protagonistas da mesma as categorías infantís e cadetes. A dinámica desta nova convocatoria basearase na realización de diferentes adestramentos, baixo participación aberta e para todos os xogadores e xogadoras que desexen achegarse.

Os horarios para cada categoría preséntanse como segue:

Cadete Masculino (1998): 09.30 h a 10.30 h

Cadete Feminino (1998): 10.30 h a 11.30 h

Infantil Maculino (2000):11.30 h a 12.30 h

Infantil Feminino (2000): 12.30 h a 13.30 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram