Convocatoria da Asemblea Extraordinaria FGB 2019

A FGB realiza a convocatoria pública da súa Asemblea Xeral Ordinaria para a presente temporada 2018 – 2019. A citada xuntanza terá lugar o vindeiro 17 de xuño (luns) en Santiago de Compostela (Hotel Eurostars San Lázaro). O horario marcado para o seu comezo será o das 18.00 h en primeira convocatoria e ás 18.30 h en segunda.

Esta Asemblea Xeral 2019 realizarase baixo a seguinte orde do día:
1º – Reconto dos Membros presentes.
2º – Aprobación da acta da sesión anterior.
3º – Informe do Presidente.
4º – Modificacións dos Regulamentos Xeral e Disciplinario da FGB para a tempada 2019/2020 aprobados pola Comisión Delegada.
5º – Aprobación Normas para Competicións Oficiais da FGB para a tempada 2019/2020 aprobados pola Comisión Delegada.
6º – Aprobación Calendario de Actividades 2019 – 2020.
7º – Contas Anuais e liquidación do Orzamento do Exercicio 2018.
9º – Orzamento do Exercicio 2019.
10º – Ratificación dos Comités de Competición e Apelación.
11º – Rogos e Preguntas.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram