Convocatoria: Asemblea Ordinaria FGB 2016 – 2017

A Federación Galega de Baloncesto convoca, de xeito oficial, a súa Asemblea Xeral Ordinaria 2016 – 2017, cita marcada para o vindeiro 10 de xuño, con sede en Compostela.

A obrigada cita con esta Asemblea, peche tradicional de cada temporada, celebrarase coa seguinte orde do día:

1º – Reconto dos Membros presentes.

2º – Aprobación da acta da sesión anterior.

3º – Informe do Presidente.

4º – Modificacións dos Regulamentos Xeral e Disciplinario da FGB para a tempada 2017/18, aprobados pola Comisión Delegada.

5º – Aprobación Normas para Competicións Oficiais da FGB para a tempada 2017/18, aprobados pola Comisión Delegada.

6º – Contas Anuais e liquidación do Orzamento do Exercicio 2016.

7º –  Orzamento do Exercicio 2017.

8º – Ratificación dos Comités de Competición e Apelación.

9º – Rogos e Preguntas.

Nos documentos que se achegan remítense todos os formularios e material de referencia preciso para os asembleístas chamados a participar.

Circular nº 32: Emendas as Normas para as Competicións Oficiais e ás propostas de Modificación do Regulamento Xeral e Disciplinario da Federación Galega de Baloncesto.
Convocatoria Asemblea 2016 – 2017
Modificación Regulamento Xeral e Disciplinario – Estatutos
Novo representante Asemblea
Cese representante Asemblea
Designación novo representante Asemblea
Ficha Asembleísta

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram