Convocatoria activa para o “IX Claustro Docente FGB”

A Área Deportiva FGB despedirá as actividades formativas deste 2021 coa celebración do “IX Claustro Docente”. Con sede en Ourense, e gracias á colaboración do Colexio Carmelitas Vedruna, o vindeiro 8 de decembro teremos a posibilidades de retomar esta convocatoria que, como tantas iniciativas xa tradicionais no apartado didáctico para os adestradores e adestadoras FGB, víronse detidas na pasada temporada.

Nesta renovada ocasión contaremos na cidade das Burgas coa presenza de tres relatores que ofrecerán diferentes charlas conformando unha xornada moi amplia e multiperspectiva. Estes progratonistas serán: Marc Guillem, Profesor do Comité Técnico da Federación Catalana de Baloncesto; Pablo Abuin, Director Técnico Club Estudiantes Lugo; e Ángel Castro, adestrador en FEDESA. As charlas programadas serán un total de catro, con horarios de inicio marcados para as 10.30 h, 12.15 h, 16.15 h e 18.00 h e con dobre intervención no caso de Marc Guillem. A temática de cada unha delas coñecerémola nos vindeiros días.

Validación didáctica
Este “IX Claustro Docente” será unha cita importante a efectos de convalidación formativa para os alumnos e alumnas do Cursos de Iniciación FGB. Así, a asistencia completa ao mesmo poderá computarse como 12 horas de formación complementaria ou polo valor conxunto do “Seminario Monográfico Formativo” máis 4 horas.

Os adestradores e adestradoras interesadas en participar poden solicitar a súa participación vía mail a adestradores@fegaba.com, indicando no mesmo nome e apelidos e club de procedencia. Esta solicitude poderá realizarse ata o vindeiro día 7 de decembro ás 12.00 h. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram