Convocado o Curso Superior de Adestradores 2016

(Foto: FEB.es)

(Foto: FEB.es)

(Información: Comunicación FEB) Zaragoza volverá ser a sede do Curso Superior de Adestradores, cuxa fase presencial celebrarase do 16 ao 30 de xullo. O período de inscrición xa está aberto.

A Federación Española de Baloncesto, en colaboración coa Federación Aragonesa de Baloncesto convoca o XL Curso de Adestrador Superior 2016, cuxa fase presencial volverá a celebrarse na capital aragonesa.

O Curso, de carácter Federativo, terá unha carga lectiva de 750, dividida en tres fases: a Académica – cun período a distancia e unha fase presencial-, a Fase de Proxectos e a Fase de Prácticas. O oito de abril de 2016 dará comezo o Curso, que rematará o 28 de febreiro de 2017. A Fase Presencial celebrarase en Zaragoza do 16 ao 30 de xullo.

O período de inscripción xa está aberto e estenderase ata o catro de abril, cun máximo de 150 alumnos, mentres que o sete de abril notificarase a lista de admitidos. Do mesmo xeito que nos últimos anos os contidos específicos estarán divididos en catro grandes bloques: Formación do xogador, Adestramento de Alto Rendemento, Táctica en Baloncesto e Dirección de Equipos.

Convocatoria oficial – CES 2016

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram