Convocado o Curso Superior 2013

Xa está aberto o prazo de inscripción para o Curso de Adestrador Superior 2013, que na súa Fase Presencial (do 13 ao 28 de xullo) celebrarase en Tenerife, nas instalacións da Universidade de San Cristóbal de La Laguna.

(FEB) A Federación Española de Baloncesto, en colaboración coa Federación Canaria de Baloncesto, convoca o XXXVII Curso de Adestrador Superior, un curso con carácter federativo, de ámbito nacional, cunha carga lectiva total de 750 horas, 350 de carácter presencial.

O curso consta de catro fases ou períodos que transcorren entre o 8 de abril de 2013 e o 31 de maio de 2014.

Fase a distancia: que se realiza por medio dun aula virtual on-line, correo electrónico e vía telefónica. Iníciase o 8 de abril e finaliza o 9 de xullo.

Fase presencial: realízase na cidade de San Cristóbal da la Laguna (Tenerife) entre os días 13 e 28 de xullo de 2013, en horario de 9 a 14 horas, de 17 a 21 horas. Nas instalacións da Universidade da Lagoa.

Fase de proxecto final: iníciase o 1 de agosto de 2013, finalizando o 28 de febreiro de 2014.

Fase de prácticas: finalizará o 31 de maio de 2014. Debendo realizarse nun centro de prácticas

Todas as preinscripcións deberán ter entrada na FEB a través das Federacións Autonómicas (adestradores@fegaba.com), como último día, o 4 de abril de 2013.

Toda a información respecto desta nova edición do Curso Superior, así como o formulario de preinscripción no mesmo, poden consultarse nos documentos que se achegan.

Especial Curso Adestrador Superior 2013
Preinscripción Curso Adestrador Superior 2013

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram