Convocado o Curso de Adestrador Superior 2017

(Foto: FEB)

(Foto: FEB)

(FEB) Zaragoza volverá ser a sede do Curso de Adestrador Superior, cuxa fase presencial celebrarase do 16 ao 30 de xullo e do que xa se pode realizar a pre-inscrición.

Trátase do gran evento anual da formación dos adestradores españois, e volverá ter a Zaragoza como a sede da súa fase presencial. A FEB, en colaboración coa Federación Aragonesa de Baloncesto, convoca este curso de carácter federativo.

O ámbito do Curso é nacional cunha carga lectiva de 755 horas, axustada ao establecido no Plan de Estudos da Escola Nacional de Adestradores e se agrupan todos os contidos específicos de baloncesto, definidos no currículo propio, en catro grandes bloques: Formación, Adestramento, Táctica e Dirección.

O Curso consta de cinco fases: a non presencial (do 10 de abril ao 30 de xuño), a presencial (en Zaragoza do 16 ao 30 de xullo), a fase de proxecto (do 1 de agosto ao 9 de decembro), a fase de prácticas e a fase de recuperación.

Xa se pode realizar a preincrición e o 7 de abril a Escola de Nacional de Adestradores notificará a lista dos alumnos admitidos. Para calquera dúbida ou aclaración é preciso dirixirse á Escola Nacional de Adestradores (adestradores@feb.es) ou para temas de aloxamento coa Federación Aragonesa (mcastro@fabasket.com)

Información e Preinscrición
Boletín aloxamento

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram