A FGB e a vila Marín, novos aliados

(Foto: Concello de Marín)

(Foto: Concello de Marín)

Concello de Marín, Federación Galega de Baloncesto e Clube Baloncesto Peixefresco Marín asinaron na mañá deste xoves, 28 de abril; un convenio en prol da posta en marcha de actividades do ámbito federativo nesta vila. 

(Info: Concello de Marín) O acto de sinatura estivo presidido pola alcaldesa de Marín, María Ramallo; o Presidente da Federación Galega, Francisco Micó; e polo Presidente do clube Peixefresco, Javier Lage; ademais do directivo do mesmo, Luis Santiago.

O máximo dirixente FGB agradeceu novamente a Marín, ao Concello, e en particular ao Club, pola súa grande labor no mundo do baloncesto, a cal quedou plasmada co recente éxito do ascenso do equipo a LEB Ouro. Martín lembrou o éxito organizativo da localidade nos tres Campionatos de España celebrados nos anos 2012, 2013 e 2014 e animou ao club e á alcaldesa da vila a seguir medrando co deporte da canastra.

DSCN0800

O convenio inclúe a celebración de diferentes actividades nas que as tres institucións colaborarán de xeito común, co fin de converter a Marín no epicentro do baloncesto galego nesta tempada e nas seguintes, tendo como base do mesmo a preparación das diferentes seleccións galegas de cara a súa actividade anual.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram