Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB manteñen aberto o prazo de inscrición para a nova convocatoria da súa “Aula Formativa do Adestrador Galego, neste caso programada para este domingo, 17 de febreiro, e protagonizada por Antonio Pérez.
O técnico de Ferrol ofrecerá unha interesante charla teórico – práctica sobre a “Metodoloxía en Construción Ofensiva dun Equipo en Formación”. A súa intervención terá lugar no Pavillón da Xunqueira e dará comezo ás 11.30 h, sendo posible grazas á desinteresada colaboración do Club Estudiantes de Pontevedra.
Inscrición
A participación nesta convocatoria ten carácter aberto e gratuito. O único requisito a cumprir por parte dos interesados é o de comunicar a súa intención de tomar parte da mesma, enviando os seus datos persoais ao enderezo adestradores@fegaba.com.
Lembrar que a participación nesta actividade pode validarse por tres horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto.