Conta atrás para o “XIII Día Autonómico do Minibásquet”

(Foto: El Correo Gallego)

(Foto: El Correo Gallego)

(Info: El Correo Gallego) O Grupo Correo Gallego organiza o XIII Día Autonómico do Minibásquet, que se celebrará o sábado, 4 de xuño, no Multiusos Fontes do Sar (Compostela), e que esta mesma mañá de xoves, viviu a súa presentación oficial coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete; e o Presidente da Federación Galega de Baloncesto; Francisco Martín. 

O XIII Día Autonómico do Minibásquet disporá da mesma dinámica deportiva que en anteriores edicións e dos seus habituais espazos para o esparcemento dos nenos que non estean xogando nas pistas centrais, que estarán supervisados por monitores. 

Este 2016 o número de participantes é de 98 equipos, que disputarán 104 encontros, nas categorías de Mini e Premini, desde as 09.30 ata as 19.30 horas, en nove pistas simultaneamente. A organización conta coa colaboración do Concello de Santiago, coa infraestrutura, da Federación Galega de Baloncesto, con 30 árbitros de toda a comunidade autónoma, e 60 colaboradores que velarán para que os máis de 1.400 participantes, chegados de distintos puntos da xeografía galega, gocen dun día dedicado ao baloncesto.

cartel Minibasquet  2016

Constase con equipos procedentes de municipios tan dispares como Xinzo, Verín, Lalín, Carballo, Salceda de Caselas, Lugo, Ourense ou O Barco de Valdeorras, entre outros. Todos eles desprazaranse nun total de 20 autobuses. Os restantes equipos pertencen a Santiago e comarca. Tamén sumaranse os habituais patrocinadores desta cita: Concello de Santiago, Federación Galega de Baloncesto, Multiusos Fontes do Sar, CocaCola, McDonald’s e Endesa, entre outros. Así como a inestimable axuda de Grupo Scout Chan, 061, Cruz Vermella e Protección Civil.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram