A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración directa con Escola Basket Xiria e o Concello de Carballo poñen en marcha o VIII CLAUSTRO DOCENTE, programada a súa celebración para o vindeiro nove de xuño con sede no pabellón Vila de Noia, na propia vila de Carballo.
Co obxectivo de reunir a un elevado número de adestradores participantes, chegados de diferentes puntos do territorio nacional, a área deportiva FGB propón co “VIII Claustro Docente FGB” un programa de charlas prácticas protagonizado por tres representantes da elite do baloncesto en traballo de formación autonómico, nacional e internacional.
Neste marco, visitarán Carballo o vindeiro 9 de xuño:
Mauricio Cremonini, adestrador da Federacion Italiana de baloncesto, catalogado na actualidade como o maior especialista no traballo de minibasket do mundo, e que visitará España por segunda vez e Galicia por primeira ocasión neste ámbito de traballo.
Javier Torralba, adestrador de Segle XXI e da federación Catalá, considerado un dos mellores adestradores de base de España, e que por primeira vez, estará como relator na nosa Comunidade.
Cristino Menor, director deportivo de Estudiantes de Lugo, profesor da “Escola Galega de Adestradores” e con máis de 20 anos de experiencia no campo da formación.
Inscrición
O VIII Claustro docente dividirá a presenza dos tres técnicos en dúas charlas a realizar pola mañá, e outras dúas charlas pola tarde, intervindo Mauricio Cremonini por partida dobre.
O Proceso de inscrición para tomar parte destas catro sesións que configurarán o “VIII Claustro Docente FGB” abrirase o vindeiro mércores, dous de maio; data dende a cal os adestradores e adestradoras interesados poderán enviarse vía mail (adestradores@fegaba.com) as súas solicitudes.
Para todos eles, reseñar que a área de adestradores FGB cataloga esta cita como “evento formativo básico”, que ademáis validará por un total de 12 horas de formación complementaria a todos aqueles alumnos dos seus Cursos.
En vindeiras datas, confirmaranse máis detalles en torno a este VIII Claustro Docente FGB, no que se agarda reunir a adestradores participantes chegados de toda España.