Primeiras confirmacións técnicas para as Preseleccións Galegas 2016 – 2017

A Área Deportiva da FGB deposita de novo a súa confianza nos catro técnicos que lideraron as Seleccións infantís e cadetes na actual temporada.

Miguel Maseda (cadete masculina), Víctor Fernández (cadete feminina), Nacho Silva (infantil feminina) e Ricardo Aldrey (infantil Masculina) repetirán ao fronte das seleccións galegas destas categorías na vindeira temporada 2016 – 2017.

Os catro técnicos repetirán experiencia na faceta de liderazgo que xa acometeron neste 2016, ano no que culminaron o seu traballo o pasado mes de xaneiro coa disputa do Campionato de España en Huelva.

Esta renovación completa dos catro responsables dos banquiños das seleccións base supón a aposta da Área Deportiva FGB pola súa labor técnica desempregada ata o momento e polos espíritu de equipo e alicerces deportivos establecidos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram