Confirmado o Grupo de traballo para o CETI Autonómico FGB

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto prepara xa, cun completo grupo de adestradores chegados de distintos puntos da nosa Comunidade, o traballo a realizar en Compostela este domingo, 9 de xuño, no Centro de Tecnificación Autonómico convocado para os xogadores e xogadoras nados nos anos 2000 e 2001.

Esta nova sesión de tecnificación, que se levará a cabo no Colexio Manuel Peleteiro, contará cun total de 12 adestradores, tres por cada categoría, que coordinarán as quendas de traballo de cada idade, e exercitaran xunto aos xogadores e xogadoras convocados os fundamentos técnicos que sexan precisos.

A relación de adestradores que estarán presentes na actividade comprende a seguinte orde:

Masculino 2001 (10:00h a 12:00h): Cristino Menor, Jorge López Mosquera (Básquet Coruña) e Óscar Díaz (Maristas Vigo).

Masculino 2000 (12:00h a 14:00h): Antonio Pérez, Carlos Trías (Peleteiro) e Rubén Vieira (COB).

Feminino 2001:16:30h a 18:30h: Julia Pena (Ensino Lugo), Marita Janeiro (C.B. Arxil) e Cristina Villaverde (C.B. Cluny).

Feminino 2000: 18:30h a 20:30h: Carlos Colinas (Responsable Área Deportiva FGB), Adrián Feijoo (Carmelitas Ourense) e Rubén Vázquez (Maristas Coruña).

Lembrar que este CETI Autonómico realízase baixo convocatoria pechada, cuxos datos poden consultarse aquí.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram