Confirmado o calendario do Campionato de España 3×3 de Seleccións Autonómicas

Estamos de estrea! Nace o Campionato de España 3×3 U15 e U13 de Seleccións Autonómicas. E disputarase nunha localidade con sabor a baloncesto de formación: Blanes. E cun calendario que xa é público.
 
 
As oito pistas da Cidade Deportiva de Blanes vestiranse de baloncesto 3×3 co Campionato de España de Seleccións Autonómicas U15 e U13, nas súas dúas categorías: masculina e feminina. Dous días de competición (24 e 25 de xuño), desde o sábado ás 09:00 h da mañá, ata o domingo ás 15:30 h da tarde.
 
 
256 partidos, máis de 600 participantes e 19 equipos por categorías, con Cataluña con dobre representación como anfitrioa. Os dous primeiros equipos de cada un dos grupos pasarán a cuartos de final.

 Todos os encontros poderanse ver por Canle FEB.
 

As Seleccións Galegas definitivas estarán compostas do seguinte xeito:

 
Galicia U15 Masculina 
 
Grupo D: Galicia, País Vasco, Navarra e Aragón.
 
Nicolás Fuentes Prado (ED Ribadulla)
Carlos Cabo García (Ensino Lugo)
Guillermo Torres Romero (Ensino Lugo)
Teo Martínez Carro (Ensino Lugo)
Responsable de equipo: Rubén Engroba (Ensino Lugo)

 
Galicia U15 Feminina
 
Grupo D: R. Murcia, Galicia, Melilla e Cast. León.
 
Martina Rey Nogueira (CB Costa Ártabra)
Martina Rodríguez Fernández (AD Bosco Salesianos)
Martina Gonçalves Costas (CB Seis do Nadal)
Sandra Martínez Sanjurjo (CB Seis do Nadal)
Responsable de equipo: Pablo Alonso Álvarez (CB Seis do Nadal)

 
Galicia U13 Masculina 
 
Grupo A: Islas Baleares, Galicia, Melilla, Aragón e Canarias.
 
Fernando Fariña Singh (Estudiantes Pontevedra)
Fasil Seijas Pita (Basquet Coruña)
Adrián Pereira Varela (Novobasket)
Noel Cayón Meitín (ADC Burela)

Responsable de equipo: Fernando Fariña Aboy. (Estudiantes Pontevedra).

 
Galicia U13 Feminina
 
Grupo A: C. Valenciana, Galicia, Extremadura, Canarias e Cataluña 1.
 
Daniela Cal Baeza (Estudiantes Pontevedra)
Lúa López Tallón (CB Sarria)
Rosa Díaz Ogbebor (CB Sarria)
Claudia Lorenzo Blanco (Basquet Coruña)
Responsable de Equipo: Leticia Nerea Melón Rascado. 

 
A organización será da FEB e a FCBQ, co apoio do Concello de Blanes e a Deputación de Girona, e entra dentro das actividades do Centenario das dúas institucións.
 
 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram