A Federación Galega de Baloncesto comunica de xeito oficial a lista íntegra dos equipos organizadores e das sedes das Concentracións das Ligas FGB Minibasquet Masculina e Feminina.
Ambas as competicións, nas que se pon en xogo o pase ás cruces clasificatorias que darán acceso á posterior Fase Final, inícianse esta fin de semana (4 e 5 de maio) e estenderán o seu xogo ata o vindeiro 19 de maio, dando lugar así a tres xornadas dobres consecutivas nas que os xogadores máis novos serán os protagonistas.
No documento que se achega detállanse as datas e entidades que levarán a cabo a organización e infraestrutura de cada unha das concentracións, aos que, dende aquí, agradecemos a súa colaboración.