Concentración decisiva para as preseleccións galegas minis

Paula Couto e Julia Pena, seleccionadoras galegas de minibasket, afrontan este domingo, 4 de marzo, unha crucial convocatoria coas súas preseleccións. Aquela na que decidirán, de xeito definitivo, a formación final de ambos os seus combinados: o grupo total de 12 xogadores e 12 xogadoras que competirán na primeira semana de abril no Campionato de España.

Para esta importante cita do domingo repetirá sede, sendo o Pavillón Manuel Coto Ferreiro de A Estrada, de novo, a casa para as dúas preseleccións. Alí están citados os xogadores a partir das 09.30 h e as xogadoras ás 11.30 h.

Recta final
E será tamén a partir deste domingo cando ambas as preseleccións se sitúen no posto de saída para afrontar os penúltimos metros na carreira cara Cádiz. Antes de viaxar a terras andaluzas tocará superar un Torneo amigable oficial (a celebrar en Allariz na fin de semana do 10 e 11 de marzo e do que comunicaremos en vindeiras datas os detalles), e tres concentracións máis de traballo das que tamén daremos conta.

Polo momento, como é habitual, nos listados que se achegan refírense os datos dos xogadores e xogadoras preseleccionadas para este catro de marzo.

Preselección Galega Minibasket Masculina: 04/03/12
Preselección Galega Minibasket Feminina: 04/03/12

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram