A Federación Galega de Baloncesto ten un novo aliado para o fomento das súas actividades e da práctica do deporte. O Concello de Xinzo de Limia, e o club local desta vila, A.B.Xinzo; son deste esta mañá de mércores, 13 de marzo; en virtude dun acordo asinado entre as tres institucións, un novo apoio oficial para a entidade federativa.
O Alcalde da localidade, Manuel Cabas; a Presidenta do Club, Rosa Morales; e o propio Presidente da FGB, Francisco Martín; rubricaron un convenio polo que a vila ourensá se convirte en nova sede para as diferentes actividades de índole deportiva que a FGB poida celebrar nesta localización. Iniciativas para a promoción do Baloncesto, convocatorias de tecnificación, cursos de adestradores ou accións de formación arbitral serán algúns dos novos eventos a celebrar nas instalacións deportivas de Xinzo da Limia, todo cunha vixencia dun ano, con posibilidade de renovación.
Na sinatura deste acordo, do que se espera que se materialice nunha breve marxe de tempo, tamén estiveron presentes amosando o seu compromiso: Luis Gil, Concelleiro de Deportes; David Fernández, Director Técnico do Club; e Susana Fernández, Secretaria Xeral FGB.