Concello de Betanzos, Club Santo Domingo e FGB ultiman conversas para o Campionato de España de Clubs Infantil Masculino

Concello de Betanzos, FEGABA e Santo Domingo de Betanzos ultiman conversas para a celebración do Campionato de España de Clubs Infantil Masculino 2024.

O presidente FGB, Julio Bernárdez; a alcaldesa de Betanzos; María Barral; reuníronse este xoves para ultimar os detalles para converter á vila na sede desta cita.

Realizárono acompañados polo concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda; o presidente do club Santo Domingo Betanzos, José M. Valeiro; o Delegado FGB José Manuel Villamarín e a Directora Xeral FGB, Susana Fernández.

O Campionato celebrarase do 2 ao 8 de xuño, convertendo un ano máis a Betanzos en sede e organizador dunha cita de alto impacto deportivo e social ante a que sempre responde de xeito excepcional.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram