Comunicado oficial: 1º División Feminina Grupo Noroeste

As Federacións Autonómicas de Baloncesto de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia alcanzaron un acordo segundo o cal, polo menos durante o próximos catro anos, a 1ª División Nacional Feminina disputarase de principio a fin de forma conxunta.

Exponse unha competición con dous grupos ESTE-OESTE (máximo 14 equipos por grupo) onde se integrarán, polo menos, os equipos participantes nesta categoría na tempada 2019/20 recentemente finalizada, atendendo a un criterio de proximidade xeográfica.

Unificarase o balón de xogo, os partidos contarán con acta dixital e gravación de vídeo. Ademais, constituirase un comité técnico arbitral que supervise e coordine a categoría. O sistema definitivo de competición darase a coñecer nos próximos días, toda vez sexan redactadas as Bases de Competición. Non se descarta que, gradualmente, váianse adoptando outras medidas que contribúan a mellorar a competición e a súa visibilidade.

A coordinación xeral da competición realizarase de forma rotativa:
– Tempada 2020/21, Federación de Castela e León.
– Tempada 2021/22, Federación de Cantabria.
– Tempada 2022/23, Federación de Asturias.
– Tempada 2023/24, Federación de Galicia.

A predisposición das federacións e clubs implicados nas catro comunidades autónomas foi clave para alcanzar este acordo que pretende dotar de calidade e dun maior nivel deportivo a esta competición con proxección e aspiración de que estes catro sexan os primeiros de moitos anos máis de crecemento conxunto da categoría.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram