COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

A Federación Galega de Baloncesto, ante o grave incidente acontecido o pasado sábado, 6 de maio; nun encontro de Baloncesto Base celebrado na localidade de Rianxo, e no que por parte dunha persoa se realizaron intolerables insultos e ameazas a un colexiado do Comité Galego de Árbitros, comunica:

  • Centrados absolutamente no obxectivo de amparar tanto aos equipos arbitrais, como a todos os deportistas; dende a Federación Galega de Baloncesto empregaremos todos os condutos deportivos oportunos para denunciar este intolerable feito.
  • Nesta liña, en primeira instancia; na Federación Galega de Baloncesto xestionamos xa os trámites para elevar este incidente á COMISIÓN GALEGA DE CONTROL DA VIOLENCIA, achegando a documentación precisa e apoiando, sen fisuras, aos compañeiros afectados, directa ou indirectamente; por esta inaceptable situación.
  • Queremos, de novo, incidir na nosa TOLERANCIA CERO con todo tipo de condutas, expresións ou accións violentas e carentes de respecto dentro das pistas e nas gradas. O noso Baloncesto, e o Deporte por extensión, son un escenario de RESPECTO e VALORES, e obraremos sempre en consecuencia para que isto siga sendo así.
  • Seguiremos, xornada a xornada de competición, traballando na nosa Campaña de concienciación #OBaloncestoEduca. A mesma, ante incidentes como o sinalado en Rianxo, é máis que necesaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram