Compostela reúne o mellor do minibasket nacional na “I Jamboree Nacional de Clubs”

O Concello de Santiago e a Federación Galega de Baloncesto, coa colaboración da FEB; organizan a “I Jamboree Nacional de Clubs de Minibasket”, que se celebrará do mércores 25 ao sábado 28 de xuño no Pavillón do Restollal.

A concelleira Reyes Leis e o presidente da FGB, Francisco Martín, presentaron este luns, en rolda de prensa, o evento, enmarcado nos actos promocionais do Mundial 2014, agrupados baixo o lema “Galicia 2014. Imos pola Copa”.

A “I Jamboree Nacional Minibasket de Clubs” reunirá a un total de 16 equipos procedentes de diferentes comunidades autónomas, sete femininos e nove masculinos. 

Dividida a categoría masculina en dous grupos e constituída a feminina nun único grupo, os equipos competirán nun sistema de liguiña durante as xornadas do mércores e do xoves, para logo cruzarse, no caso masculino, o venres; data na que se xogaran as semifinais. O sábado disputarase a final masculina e os partidos decisivos da clasificación feminina.

42ef3937b979091cf46e2f58109b31fa XL

Os equipos participantes en categoría masculina son: EMDB Castro Urdiales (Cantabria), Marín Peixe Galego (Galicia), Porriño Bto. Base (Galicia), ACD Sagrado Corazón (Estremadura), Bahía San Agustín (Baleares), Colegio Lastra BVM 2012 (Asturias), CD Enrique Soler (Melilla), Bosco Salesianos (Galicia) e CD Mutil Basket (Navarra).

Na feminina xogarán: Arxil (Galicia), CDE Baloncesto Selaya (Cantabria), CD Mutil Basket (Navarra), La Academia Celta (Galicia), Peleteiro (Galicia), Sagrado San Antonio (Estremadura) e Baloncesto Femenino León (Castela e León).

O calendario completo desta “I Jamboree Nacional de Minibasket ” pode descargarse no documento que se achega.

“I Jamboree Nacional Minibasket de Clubs”: calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram