CaixaBank e a Federación Española de Baloncesto (FEB), coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e Tiro Libre SCQ, traen a Santiago de Compostela, o vindeiro 10 de setembro, o Circuíto praza 3×3, evento aberto á participación de todos os equipos que o desexen, comprendendo categorías masculinas e femininas desde preminibasket (6 – 8 anos) ata sénior (a partir de 18 anos).
No marco incomparable da Praza do Obradoiro o formato 3×3 será o máximo protagonista e todos os galegos poderán desfrutar in situ da edición 2016 deste circuíto, que comezou en abril e está a bater récords de asistencia.
A cita santiaguesa xirará ao redor da competición 3×3 en diferentes categorías, tanto masculina, como feminina. Ademais, os xogadores en idade júnior e sénior rexistraranse na plataforma 3×3 Planet, unha iniciativa global da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) que pretende recompilar e informar o conxunto dos torneos e xogadores de todo o mundo co obxectivo de postular o baloncesto 3×3 como deporte olímpico.
Esta xuntanza en torno ao 3×3 servirá de escenario para a Fase Final do “I Circuíto Galego de Baloncesto 3X3”, promovido por Tiro Libre SCQ e que vén de desputarse por toda a xeografía galega durante este verán cuxos torneos resultaron puntuables para o circuíto FIBA 3×3.
Inscricións
O prazo de inscrición neste Plaza 3×3 santiagués permanece xa aberto. Os interesados en participar poden facelo dun xeito sinxelo, accedendo a ligazón oficial correspondente e cubrindo os datos solicitados. http://3×3.feb.es/inscripcion/
Pola súa banda, todas as persoas decididas a formar parte deste evento dende a perspectiva do voluntariado tamén dispoñen desta posibilidade. Neste caso deberán solicitar a súa alta como tal na seguinte web: http://voluntarios.feb.es/inicio.aspx
O límite temporal para as inscricións, tanto de competición como de voluntarios, remata o seis de setembro.