Composición definitiva para as Seleccións Galegas Cadete e Infantil 2017 – 2018

A Área Deportiva FGB confirma as listas definitivas para as Seleccións Galegas Infantís e Cadetes que representarán a Galicia noCampionato de España, a celebrar en Valladolid entre os días tres e sete de xaneiro de 2018.

Os combinados autonómicos competirán na cita nacional liderados desde o banquiño por Nacho Silva (Cadete Feminino – Grupo Especial), Javier Peinó (Infantil Masculino – Grupo Especial), Fernán Varela (Infantil Feminino – Grupo Especial) e Tito Díaz (Cadete Masculino – Grupo Preferente).

A composición definitiva de cada Selección pode consultarse nos documentos que se achegan. Igualmente, recén publicado pola FEderación Española de baloncesto, achegamos o calendario de xogo que asumirá cada equipo no Campionato. 

Cadete Feminino – Grupo Especial B

Galicia, Madrid, Asturias, Andalucía e Canarias.

Cadete Masculino – Grupo Preferente C

Galicia,Castilla León, Ceuta, Melilla e Navarra. 

Infantil  Feminino – Grupo Especial A

Galicia, Cataluña, Navarra, Comunidad Valenciana e Madrid. 

Infantil  Masculino – Grupo Especial A

Galicia, Baleares, Canarias, Andalucía e Madrid. 

 

 

 

Selección Galega Cadete Masculina 2017 – 2018
Selección Galega Cadete Feminina 2017 – 2018
Selección Galega Infantil Masculina 2017 – 2018
Selección Galega Infantil Feminina 2017 – 2018
Campionato de España de Seleccións: calendario infantil
Campionato de España de Seleccións: calendario cadete

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram