A Federación Española de Baloncesto completa o calendario que dará vida ao XXV Campionato de España de Seleccións Minibasket.
Se fai ben poucos días coñecíamos a orde e reparto concreto de cada un dos grupos, especial e preferente, na tarde de hoxe dende a FEB comunícannos o calendario definitivo de xogo, cos horarios e os pavillóns xa estipulados.
No documento que se achega pode consultarse este calendario, o cal marca os designios para ambas as seleccións galegas en Semana Santa, datas nas que se celebrará o Campionato (do 31 de marzo ao 4 de abril).
Lembramos que Galicia está encadrada, en feminino e masculino, nos seguintes grupos de xogo para a Fase Previa:
Masculino – Categoría Preferente:
Grupo C – Castilla León, Murcia, Asturias, Melilla e Ceuta.
Grupo D – Pais Vasco, Galicia, Extremadura y La Rioja
Feminino – Categoría Especial:
Grupo A – Cataluña, Comunidad Valenciana, Aragón, Islas Baleares e Galicia.
Grupo B – Madrid, Andalucía, Canarias, Castilla León e La Rioja.
XXV Campionato de España de Seleccións Autonómicas – Calendario Completo