Completadas as prazas de ascenso a Primeira División Sénior Masculina

Baloncesto Cambre, Carballo Básquet e Cruz Alta son xa equipos con praza na Primeira División Sénior Masculina para a vindeira temporada 2012 – 2013.

Tras a renuncia do cuarto implicado na Fase Final de Segunda División Sénior Masculina, Ourense Capital Terminal, a participar na mesma, os restantes tres equipos, grazas a súa clasificación en fase regular, pasan a ocupar de xeito directo as tres prazas de ascenso que esa competición final poñía en xogo.

Con este actual status das prazas de acceso á Primeira División Masculina, son cinco os equipos con dereito a incorporarse na vindeira temporada a esta categoría procedentes da Segunda: os tres indicados, e Seis do Nadal coia máis C.B. A. Estos últimos, como líderes de cada un dos grupos da fase previa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram