Competicións FGB: a situación deportivo – sanitaria, no obxectivo

A Federación Galega de Baloncesto segue coa maior atención a evolución da situación sanitaria actual na busca de marcar os criterios de inicio da temporada autonómica 2020 – 2021, vinculados estes ás decisións e directrices que se tomen por parte das Institucións sanitarias e deportivas pertinentes. A través dunha intervención que vos traslamos en imaxes, o Presidente FGB, Francisco Martín, detalla o contacto directo e continuo que mantén coa Federación Española de Baloncesto, e a importancia, nesta liña, dunha data, a do 24 de agosto. Neste día está marcada unha reunión entre o Consello Superior de Deporte e Federacións de Deportes que implican contacto.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram