Competicións FEB: Galicia irrumpe con forza na recta final

Nesta recta final de emocións deportivas que comeza hoxe mesmo nas competicións FEB, dende a Federación Galega de Baloncesto, encabezada polo seu Presidente, queremos resaltar o papel que Galicia desempeñará nas diferentes Fases Finais que temos por diante.

Dende este xoves, no que C.B Arxil e Porta XI Ensino arrincan na “casa” unha ilusionante fase de Ascenso a Liga Feminina, viviremos datas de máximas aspiracións.

Chegados a este punto, os nosos equipos das principais competicións FEB poñen en valor o seu inmenso esforzo de toda unha temporada 2014 – 2015 da que sentirse orgullosos como Federación, situándonos ademais no podio de autonómicas con equipos en posicións de play off.

Por isto, queremos agradecer o traballo de todos. Dende o esforzo e consolidación de Universitario Ferrol en Liga Feminina, pasando polas opcións nos seus respectivos play offs de Oro e Prata de COB, C.B. Breogán, Xuventude Baloncesto e Marín PeixeGalego, respectivamente; ata a boa labor dos nosos restantes representantes en Adecco Oro, Liga Feminina 2 e Liga EBA.

A todos, sorte e gracias!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram