A Copa Galicia EBA modifica o seu calendario

A Federación Galega de Baloncesto fai público un novo calendario para a Copa Galicia de categoría EBA, motivado este pola renuncia de Asociación Baloncesto Ourense (ABO) a participar na competición establecida nun inicio.

Esta modificación xera un novo formato de xogo composto por un único grupo no que se celebrará liguiña a unha volta, todos contra todos. Os equipos implicados actualmente neste novo calendario son: Baloncesto Narón, Santo Domingo Betanzos, Estudiantes Lugo Leyma Natura, Ferrol C.B., C.B. Chantada Galicia Vento e Instituto Rosalía de Castro.

A continuación, achegamos o renovado calendario para a Fase Previa desta edición 2013 da Copa Galicia EBA, documento suxeito a posibles cambios de datas e horarios. Indicar, á súa vez, que a data e sede marcadas para a Final desta Copa, 19 de outubro en Ferrol, confírmase, tal e como xa se comunicou en primeira instancia.

Copa Galicia EBA 2013 – Calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram