Son competencias estatutarias da Federación Galega de Baloncesto:
a) Promocionar o desenvolvemento e práctica do baloncesto, regulamentar e coordinar o aspecto técnico e organizar os campionatos e competicións da súa xurisdición.
b) Regular o réxime xurídico e disciplinario dos clubs, asociacións, agrupacións, comités e a totalidade das entidades, xogadoras e xogadores, adestradoras e adestradores, árbitros, oficiais de mesa, técnicas e técnicos arbitrais, directivas e directivos e, por último, de todas aquelas persoas que dalgún xeito interveñan na organización e práctica do baloncesto cumprindo sempre as disposicións vixentes sobre estes casos.
c) Formar e cualificar o personal técnico e deportivo especializado.
d) Coordinar as funcións e competencias das Federacións Zonais e Delegacións Comarcais.
e) Regular o seu réxime disciplinario e velar polo seu cumprimento.
f) Asignar, controlar e fiscalizar as axudas e subvencións dos seus afiliados.
No ámbito internacional, a Federación Galega de Baloncesto participará en competicións de acordo co que establezan as disposicións vixentes.