Comisión Delegada FEB: acordo sobre a inscrición de equipos nas súas competicións 2012 – 2013

A Comisión Delegada da Federación Española de Baloncesto, da que lembremos é membro o presidente da FGB, Francisco Martín, reuniuse esta xoves en Madrid para avaliar as inscricións dos equipos nacionais de cara ás súas competicións masculinas e femininas para a temporada 2012 – 2013.

Tras esta xuntanza, o órgano delegado da FEB comunicou a aprobación dos proxectos de inscrición dun total de máis de 130 equipos para as súas Ligas, dentro dos cales existe, por suposto, representación galega.Deste xeito, a Federación Española de Baloncesto inclúe aos seguintes equipos da nosa Comunidade dentro do listado provisional de inscricións feito público:

Listado de Inscricións Adecco Oro
C.B. Breogán Lugo
Leyma Natura Básquet Coruña
Aguas de Sousas Ourense

Listado de Inscricións Adecco Prata
C.B. Vilagarcía

Listado de Inscricións Liga Feminina 2
Feel – Cortegada
Durán Maquinaria Ensino
Universitario Ferrol
Pabellón Ourense
C.B. Arxil

Listado de Inscricións EBA
Baloncesto Narón
Recinor Ferrol CB
C.B. Chantada Galicia Vento
Estudiantes Lugo Leyma Natura
Leyma Natura Básquet Coruña
Ourense Capital Termal
Establecimientos Otero
Marín Peixe Galego

Prazo Subsanación de deficiencias
Dada a situación económica actual e para cumprir o mandato da Asemblea na composición das diferentes competicións que compoñen a Pirámide do Baloncesto Español, a Comisión Delegada FEB anunciou tamén un prazo de subsanación de deficiencias dos equipos inscritos, marxe que se estenderá ata o vindeiro 24 de xullo. En virtude desta decisión, a Comisión Delegada FEB volverá a reunirse o 25 de xullo para certificar a composición final das competicións 2012 – 2013.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram