Comézase a traballar para o “V Día do Pequebasket”

A directiva da Escola Basket Xiria e os colaboradores do Club están a a traballar dende fai varias semanas para dar forma a unha nova edición do DÍA AUTONÓMICO DO PEQUEBASKET, cita que unha vez máis celebrarase en Carballo o 17 de maio, Día da Letras Galegas dedicado este ano 2017 a Carlos Casares.

(Info: EB Xiria) A Xunta Directiva representada polo seu presidente, Marcos Díaz Molk; e acompañado este polo Director Deportivo, Arturo Ferraces; mantiveron este Luns, 13 de febreiro; unha xuntanza na Federación Galega de Baloncesto, na que participaron o presidente da entidade, Francisco Martín; a secretaria xeral, Susana Fernández; e a responsable de eventos, Cristina Piñeiro.

Dende a FGB animouse á Escola Basket Xiria a seguir traballando a prol do Baloncesto Base na comarca e volveron a expresar o seu apoio incondicional á iniciativa, considerada xa como un evento de referencia autonómica que mesmo está sendo imitado noutros lugares de dentro e fóra de Galicia.

A FGB está completamente implicada e decidida a colaborar un ano máis coa Escola Basket Xiria para impulsar o evento, que novamente reunirá en Carballo a máis de seiscentos nenos de 5 a 8 anos para desfrutar dunha xornada multideportiva, lúdica e festiva co baloncesto como pano de fondo.

Salientar o respecto que dende a Federación Galega de Baloncesto se amosa pola práctica do Baloncesto nestas idades, materializado coa creación, por primeira vez como competición federada, da Liga BabyBasket, que acolle nenos en idades de 5 a 8 anos e que está a ter un gran éxito e seguimento en distintos puntos de Galicia.

Dende a Escola Basket Xiria preténdese que o DÍA DO PEQUEBASKET sexa o colofón final para estes nenos e nenas que por primeira vez pisan una cancha de básquet e viven una experiencia inesquecible.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram