
As ligas de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual volven máis fortes que nunca. Este ano incorporan a colaboración da Federación Galega de Baloncesto, que prestará o seu apoio no desenvolvemento dos partidos.
As ligas de Baloncesto do Club Deportivo FADEMGA, promovidas por Special Olympics Galicia, comezan reforzadas grazas á nova colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, despois de que o pasado 5 de abril, ambas as entidades asinasen un convenio que ten como obxectivo promover a práctica do baloncesto e do baloncesto unificado entre as persoas con discapacidad intelectual ou de desenvolvemento.
En total, 15 equipos de toda Galicia formados por preto de 200 deportistas, enfrontaranse nestas ligas que unen por vez primeira o traballo de Special Olympics Galicia co da Federación Galega de Baloncesto. O Comité Galego de Árbitros será o departamento federativo encargado de controlar esta actividade, designando e formando parte da mesma, a través de cursos online aos colexiados pertinentes, que serán os responsables de arbitrar os partidos nos que participarán preto de 200 persoas con discapacidad intelectual.
As Ligas do Club FADEMGA, promovidas por Special Olympics Galicia, son uns xogos que se veñen organizando cado ano a través de diferentes localidades galegas. Coa organización destas actividades, Special Olympics Galicia pretende animar a todas as persoas con discapacidad intelectual a practicar deporte, deixando de lado as diferentes limitacións e priorizando o fomento das calidades de cada atleta.
Special Olympics Galicia é a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de persoas con discapacidade intelectual, que ten como finalidade a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer o tempo libre, a cultura e o deporte.