Comeza a recta final na preparación das Preseleccións Galegas Infantís e Minibasket

A menos dun mes para o inicio dos Campionatos de España de Seleccións Infantís e Minibasket, sendo o desta última categoría o primeiro en abrir xogo (o 12 de abril en San Fernando, Cádiz), as nosas Preseleccións continúan a sacar partido de cada fin de semana para apuntalar a súa configuración.

Tras a súa última convocatoria, celebrada os días 1 e 2 de marzo e que os levou a tomar parte en sendos Torneos Amigables, os nosos combinados retoman este domingo, 16 de marzo, a dinámica de concentración dunha única xornada, en formato de mañá e tarde, con dobre sesión de adestramento.

Nesta ocasión, os xogadores e xogadoras infantís viaxarán por primeira vez nesta temporada ata a vila lucense de Sarria, en cuxo Pavillón Novo Chanto levarán a cabo o seu traballo. Pola súa banda, as preseleccións minis repetirán visita A Estrada e ao seu Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro.

As listas oficiais dos xogadores e xogadoras citados coas catro Preseleccións poden consultarse no documentos que se achegan.

Preselección Galega Infantil Masculina: 16/03/14
Preselección Galega Infantil Feminina: 16/03/14
Preselección Galega Minibasket Masculina: 16/03/14
Preselección Galega Minibasket Femenino: 16/03/14

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram