A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto, co obxectivo de pechar o ciclo de Centros de Tecnificación da temporada 2012 – 2013, convoca para este domingo, 9 de xuño, un CETI de carácter autonómico no que reunir a xogadoras e xogadores nados nos anos 2000 e 2001 e continuar afondando nas tarefas de control e seguimento técnico, desta volta aunando difentes zonas xeográficas.
A dinámica desta nova sesión, que terá lugar baixo convocatoria pechada, dividirá aos xogadores e xogadoras citados en catro grupos diferenciados segundo a idade, cada un deles dirixido por adestradores integrados na disciplina deportiva FGB.
A actividade en cuestión realizarase en Santiago de Compostela, no Pavillón do Colexio Manuel Peleteiro, dando comezo a xornada para o primeiro dos grupos a partir das 10.00 h. O Programa horario completo configúrase do seguinte xeito:
Masculino 2001: 10:00h a 12:00h
Masculino 2000:12:00h a 14:00h
Femenino 2001:16:30h a 18:30h
Feminino 2000: 18:30h a 20:30h
Estas quendas de traballo cubriranse coa presenza dos xogadores e xogadoras convocadas, cuxos nomes e clubs de referencia remitimos no listado axunto.