Clínica GAIAS, aliada nesta temporada da Federación Galega de Baloncesto en temas de saúde e benestar, e principal patrocinadora da liga de Primeira División Masculina, pon en marcha a partir deste mes de novembro un programa de beneficios económicos e amplos descontos para todos os federados.
No obxectivo de acometer diferentes accións que contribúan á mellora das posibilidades deportivas de toda aquela persoa con licenza na FGB, CLÍNICA GAIAS, e o seu centro asociado en Vigo, CAD VIGO; ofrecen unha ampla gama de DESCONTOS, DE ATA UN 40% EN VARIOS CASOS, a todos os federados que presenten a súa licencia, sempre que a súa doenza non poida ser cuberta polo seguro de accidente deportivo asociado á FGB por non sufrir unha lesión deportiva, ou por calquera outro xeito.
CLÍNICA GAIAS pon así a disposición de toda a familia do Baloncesto Galego os seus recursos humanos e tecnolóxicos, altamente capacitados, e que se poden atopar no seu conxunto de policlínicos médicos en Santiago, A Coruña, Ferrol, Ribeira e Vigo. Todos eles, previstos dunha importante cantidade de especialidades médicas e cirúrxicas, así como servizos de fisioterapia e centros de diagnóstico (Resonancias Magnéticas, TAC).
Programa de descontos, ao detalle
No documento que achegamos remítense os diferentes descontos propostos por CLÍNICA GALIAS. Así mesmo, e para poder completar o acceso aos mesmos, remitimos tamén a ligazón correspondente á localización exacta de cada unha das Clínicas GAIAS e CAD VIGO:
CLÍNICAS GAIAS – CAD VIGO: Localización
CLÍNICA GAIAS: Programa Beneficios Económicos para Federados