“Clínic Vilagarcía 2014”: O Baloncesto, de formación a sénior

Federación Galega de Baloncesto, Concello de Vilagarcía de Arousa e CEFORE Pontevedra colaboran con esta iniciativa.

O Ciclo de Baloncesto Formativo do IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía) renova esta temporada a oferta en relación ao seu habitual Clinic do mes de xuño, actividade que este ano celebrarase en dobre sesión: 13 e 14 de xuño.

Baixo o epígrafe “O Baloncesto: de formación a Sénior”, a organización do Ciclo de Baloncesto, propón para a actual edición do “Clínic Vilagarcía 2014” un cartel de experimentados relatores que non deixarán a ninguén indiferente.

Luis Casimiro (adestrador do Fuenlabrada ACB), Yago Casal (técnico do Conservas Cambados de Adecco Plata), Miguel Ángel Hoyo (Seleccionador Galego Infantil Masculino e ex adestrador do Malabo Kings de Guinea) e o recente campión de España júnior, Paco Redondo (adestrador do Real Madrid) trasladarán as súas propostas teórico – prácticas aos adestradores de categorías sénior e formativas que desexen participar da experiencia.

As dúas sedes establecidas para este “Clínic Vilagarcía 2014” son o propio IES Fermín Bouza Brey e o Pavillón Municipal de Fontecarmoa. En ambas acollerase ás 150 prazas de asistentes previstas, as cales deben solicitarse de xeito previo.

Inscrición
A inscrición no “Clínic Vilagarcía 2014” ten un prezo de 10 euros, a ingresar na conta 2080-1073-32-3040002470 de Novagalicia Banco. O xustificante deste ingreso deberá remitirse ao email: cursobaloncesto@gmail.com

Indicar que os alumnos dos Cursos de Adestradores de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da Federación Galega de Baloncesto que participen do Clínic sumarán 9 horas de formación no seu haber didáctico particular.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram