Club Baloncesto As Pontes, en colaboración con Concello de As Pontes e Federación Galega de Baloncesto; pon en marcha o “I Clínic Lago de As Pontes”, actividade dirixida a adestradores do ámbito do baloncesto base e que concentrará, no Pavillón municipal desta localidade, un total de tres ponencias de referencia.
A cita, a celebrar o vindeiro 15 de abril, contará coa participación de tres técnicos con ampla e nutrida traxectoria, que deixarán as súas experiencias ao servicio das seguintes temáticas:
Davor Matkovic (Zagreb, Croacia. Especialista en traballo de Técnica Individual)
“A importancia da técnica individual”
Ángel Colino (Preparador físico e 2º adestrador en Palma Air Europa. LEB Oro)
“A preparación física a través do baloncesto”.
Chiqui Barros (Actualmente na dirección do Filial Club Básquet Coruña)
“Simplificando o adestramento: exercicios como medio vs exercicios como fin”
Programa Completo
(09:30 h – 10:00 h) Recepción e entrega de documentación.
(10:00 h – 11:45 h) 1ª Ponencia.
(11:45 h – 12:00 h) Descanso.
(12:00 h – 13:45 h) 2ª Ponencia.
(13:45 h – 16:00 h) Xantar.
(16:00 h – 17:45 h) 3ª Ponencia.
(17:45 h – 18:00 h) Descanso.
(18:00 h – 19:00 h) Coloquio.
(19:00 h) Clausura.
Inscrición
Os adestradores interesados en tramitar a súa inscrición neste “I Clínic Lago de As Pontes” terán ata o 10 de abril para enviar email a info@cbaspontes.es indicando nome, DNI, data de nacemento e achegando xustificante de pago da cuota (ABANCA IBAN ES40 2080 0230 6430 4000 6813), así como a acreditación do motivo en caso de aboar tarifa reducida ou súper reducida.
Cuota normal: 25 €
Cuota reducida: 20 € (4 inscritos ou máis do mesmo club ou técnicos que realizaran formación FGB nas temporadas 15/16 ou 16/17)
Cuota súper reducida: 10 € (Desempregados)
Validación
A colaboración da Federación Galega de Baloncesto neste “I Clínic Lago de As Pontes” realízase en virtude da concesión por parte da súa área deportiva dun total de 10 horas de formación complementaria e 1 CETI a todos aqueles adestradores que participen na actividade de xeito completo.