Clínic Joe Arlauckas Tui 2016

A vila de Tui acollerá o vindeiro 2 de xullo a edición 2016 do “Clínic Joe Arlauckas”, unha convocatoria que este ano destaca pola presenza, entre os diferentes poñentes de auténtico nivel; de Zeljko Obradovic, referencia absoluta no mundo do baloncesto continental e actual adestrador do Fenerbahçe turco. 

A presente edición do Clínic Joe Arlauckas reunirá no Pavillón Municipal de Tui a cinco relatores de ampla e avalada experiencia dentro e fóra das nosas fronteiras. Encabezados polo indicado Obradovic, formarán parte tamén da axenda didáctica: o ex adestrador de Tau Cerámica, Fórum Valladolid e CAI Zaragoza, Pepe Laso; todo un referente en preparación física como é Pepe Casal; o experto na formación inicial de xogadores e de adestradores, Antonio Carrillo; e o técnico de planificación das distintas modalidades do F.C. Porto, Carlos Vaqueiro.

Este quintento de auténtico luxo disertará sobre diferentes áreas temáticas ao longo de toda a xornada, compartindo a súa bagaxe didáctica cos adestradores galegos que desexen asistir.

Información e Inscrición
A información completa relativa á inscrición e programación do Clínic atópanse na páxina oficial do mesmo www.campusjoearlauckastui.com. Salientar a posibilidade, para os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB que participen nesta cita, de validar a súa presenza por un total de 8 horas da súa formación individual complementaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram