Clínic Formativo en Ferrol da man de Jose Ignacio Hernández

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto, en sintonía coa inminente celebración en Ferrol do XV Campionato de España de Clubs Cadete Masculino (do 26 de maio ao 1 de xuño), organiza na propia cidade departamental, que será a auténtica protagonista nestes días que se aveciñan, un atractivo Clínic de formación dirixido a adestradores e co técnico salmantino José Ignacio Hernández como referente.

Hernández, ex seleccionador nacional feminino e recentemente chegado dunha especial experiencia como adestrador do Wisla Can-Pack de Cracovia, estará en Ferrol o vindeiro día 31 de maio (16.00 h) para dirixir este sesión técnica baixo o título: Seleccións de Formación: prepararse e Competir en Europa.

O Hotel Hesperia (Carretera de Castilla, 75) será a sede da actividade na que para participar tan só haberá que indicalo, previamente, a través do envío dun email a adestradores@fegaba.com. No mesmo deberá indicarse nome completo do interesado e título do Clínic.

Adestradores FGB: horas de Formación
Os adestradores que se atopen inmersos na realización das súas horas de formación correspondentes aos cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 FGB terán con este convocatoria a oportunidade de sumar tres horas ao seu currículo persoal de prácticas. Esta cifra validarase sempre que a asistencia á actividade sexa efectiva.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram