Clinic Formativo “Adestrando no Baloncesto Actual”, en Vilagarcía da man do IES Fermín Bouza Brey

O IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) volve a celebrar o seu Clínic Formativo anual dirixido a adestradores de Baloncesto, que nesta edición terá lugar este venres, 31 de maio; e sábado, 1 de xuño; baixo o título “Adestrando no Baloncesto Actual”.

A organización ofrecerá nesta nova edición un cartel de luxo no que poderemos atopar nomes ACB como o do actual adestrador de Asefa Estudiantes, Txus Vidorreta; e o do galego Gonzalo Rodríguez, vixente adestrador axudante no Blusens Monbús Obradoiro.

Xunto a eles, e achegando tamén alta calidade ás charlas, estarán Antonio Pérez (ex adestrador do Leyma Básquet Coruña), Pepe Vázquez (adestrador en A.D. Cortegada en Liga Feminina 2) e Jordi Martí (director de canteira en FIAT Joventut).

Cubrirase así un completo programa que terá como escenario o Pavillón de Fontecarmoa (2) en Vilagarcía de Arousa, e que vivirá o seu comezo o venres ás 10.30 h, abrindo dúas auténticas xornadas de reflexión, debate e intercambio de experiencias.

Todos los interesados en aproveitar as derradeiras datas para informarse e participar poden ampliar máis datos na web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/iesbouzabrey/node/328/, no seu facebook: ciclo baloncesto vilagarcia e na súa conta oficial de twitter @ciclobaloncesto.

FGB: horas de formación
Os alumnos dos Cursos de Adestradores de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da Federación Galega de Baloncesto que participen deste Clínic Formativo “”Adestrando no baloncesto Actual” poderán validar a súa presenza neste Clínic por un total de 9 horas de formación continua.

Clinic Formativo “Adestrando no Baloncesto Actual” – Programa Completo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram