Clinic Deputación Ourense: Jaume Ponsarnau súmase á proposta formativa da FEGABA e a Deputación de Ourense

Jaume Ponsarnau, adestrador do Xefe do Surne Bilbao Basquet na Liga Endesa, confírmase como unha das principais presenzas no Clínic “Deputación de Ourense” que celebraremos en Ourense, os vindeiros 28, 29 e 30 de xuño da man da man da institución provincial.

Ponsarnau é un dos clásicos da Liga ACB, máxima competición masculina.Con case dúas décadas nesta liga, o perfil de Jaume combina didáctica, calidade expositiva e coherencia para un baloncesto actualizado e práctico.

Partindo dunha andaina que comezou brevemente no baloncesto feminino, o técnico construíu a súa imaxe de marca, proxectando unha notable adaptación aos grupos cos que traballou tanto a nivel de clubs como de nacional, na función de primeiro adestrador.

Ponsarnau transmite a súa proximidade en cada momento docente que comparte.

Programación e Inscrición

O Clínic “Deputación de Ourense” continúa confirmando poñentes e ofrecendo así unha programación de auténtico nivel. Xunto a Ponsarnau xa está anunciada a presenza en Ourense de Anna Montañana, Antonio Pérez Caínzos, Cristina Cantero e Dani Miret. 

A eles e elas uniranse esta mesma semana novos nomes, que completarán o cartel definitivo do evento.

Para o mesmo a INSCRICIÓN continúa aberta, podendo tramitarse por dúas vías e con diferentes opcións de pago. A información completa para este proceso pode consultarse AQUÍ. 


Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram