Clínic “Deputación de Ourense”: Dani Miret, nova incorporación

Dani Miret, actual adestrador xefe do Joventut Badalona en Liga Endesa, súmase ao cartel do XXIV Clínic “Deputación de Ourense”, cita que terá lugar no Pazo dos Deportes “PACO PAZ” os vindeiros 28, 29 e 30 de xuño da man da Deputación de Ourense e a propia FEGABA. 

Dani representa o perfil de técnico que completa unha traxectoria ascendente, cumprindo as súas distintas etapas desde a base. Todo iso, nunha entidade relevante no noso baloncesto e onde se formou profesionalmente. Fiel representante da escola badalonesa, Miret aplica ao ensino no proceso de construción do xogador, detalles esenciais que lle adaptarán ao alto rendemento.

Paralelamente, a súa presenza en seleccións FEB é sinónimo de éxito. Veráns brillantes como Campión de Europa U16, U18 e Campión do Mundo U19 dirixindo os combinados españois masculinos, completan ata o momento un palmarés de auténtico luxo.

Unha excelente noticia contar coa súa presenza en Ourense!

 

INSCRICIÓN 

A información completa sobre a estrutura do Clínic, así como a relativa as posibilidades de inscrición no mesmo pode consultarse na súa web oficial e no noso propio apartado de ADESTRADORES 

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram