Clínic “Deputación de Ourense”: Cristina Cantero, terceira incorporación

Cristina Cantero cumprirá a súa décima tempada como adestradora xefe de Celta Zorka Recalvi a cargo do primero equipo, actualmente en Liga Feminina Endesa. Cristina vencellou o seu percorrido nos bancos á entidade viguesa, tras a súa retirada como xogadora profesional.

Cantero prioriza o equilibrio e evolución que un equipo debe ter nun ciclo de tempada, sen esquecer a xestión e un axeitado reparto de roles que garantan o rendemento colectivo. A súa adaptación ás distintas idades formativas permitiulle consolidar unha bagaxe que pon en práctica tanto no ámbito profesional como nas seleccións españolas de formación, en cuxo staff FEB traballa desde hai unha década.

Será unha das representantes do Baloncesto Galego nesta interesante cita.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram