Clínic “Deputación de Ourense”: Antonio Pérez Caínzos, referente formativo; nova confirmación

Antonio Pérez Caínzos estará no Clínic Baloncesto “Deputación de Ourense” que viviremos na cidade das Burgas os vindeiros 28, 29 e 30 deste mes.

Antonio representa o desenvolvemento do adestrador nunha secuencia cronolóxica crecente. Actualmente como primeiro adestrador de Lucentum Alicante na LEB Oro, o técnico galego cumpriu etapas evolutivas como máximo responsable e como adestrador axudante en proxectos de Liga Endesa, como Valladolid, Estudiantes ou Real Betis así como excelentes vivencias internacionais.

En ningún caso abandonou a súa propia formación persoal, ofrecendo sempre unha visión transversal e moderna ao seu baloncesto e que comparte con calquera foro e proposta formativa.

Excelente comunicador e docente, fai do detalle na aprendizaxe un valor innegociable como parte do proceso.

Galicia ten en Pérez Caínzos a un dos seus referentes no ensino do baloncesto e no #ClinicDepourense poderemos aprender del!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram