Clínic de Nadal “CAB Pontevedra”

Nova Convocatoria formativa para adestradores da man do CAB Pontevedra programada para este venres, 30 de decembro: no Pavillón IES Frei Martín Sarmiento.

En formato Clínic e coprotagonizada polos técnicos Carlos Maceiras e César Iglesias, a cita contará con catro charlas diferenciadas baixo a seguinte programación horaria:

Carlos Maceiras (Adestrador EDO Blanco Amor)

10:30 h a 11:45 h. “Traballo de pase en categorías de formación”
12:00 h a 13: 15 h. “Situacións de 2×1 defensivas e rotacións”.

César Iglesias (Adestrador Novobasket / Adestrador Iberconsa Amfiv)

16:30 h a 17:45 h. “Da técnica a táctica Ofensiva”.
18:00 h a 19:15 h. “Cambio de ritmo defensivo. Lectura en defensa”.,

Validación Horaria
A participación neste Clínic de Nadal “CAB Pontevedra” validarase por un total de 12 horas de formación FGB para os alumnos dos Cursos FGB: 12 horas se asisten á xornada completa (6 horas pola quenda de mañá e 6 horas correspondentes á quenda de tarde).

Inscrición
A inscrición ten un custe de 5 euros para adestradores e persoas interesadas alleas a CAB Pontevedra. Toda a información e contacto pode consultarse a través de mail (cabpontevedra@gmail.com), teléfono (676 61 60 44) e nas redes sociais do propio club organizador.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram