Clínic de Adestradores na XXXVII Copa Galicia Sénior Masculina

A XXXVII Copa Galicia Sénior Masculina converterá a Lugo no epicentro do Baloncesto Galego durante esta fin de semana: do venres, 15 de setembro; ao domingo 17.

Completando á competición oficial que terá lugar o venres coas semifinais e o domingo coa gran final, a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, organizadora da mesma; por en marcha o sábado, 16 de setembro; un Clínic de Adestradores.

Nesa data, en dobre sesión e con protagonistas de alto nivel, a formación será o eixo central dun Clínic aberto a participación de adestradores pero tamén con marcada presenza arbitral.

A xornada didáctica abrirase o sábado, ás 12:30 h, cunha Charla Técnica da man de Charlie Uzal, asistente na Seleccións Absoluta de Angola, e recén chegado do Mundial, experiencia que será parte importante na súa intervención. A mesma leva por título “Preparación Mundialista dunha Selección Nacional”.

A quenda de tarde outorgará a atención á unha Mesa Redonda (16:00 h) que xirará en torno a “Situacións de Criterio Arbitral” e cuxos relatores non deixarán a ninguén indiferente pola súa bagaxe e experiencia nacional e internacional:

Miguel Méndez, Seleccionador Nacional Feminino.
Antonio Pernas, Adestador Durán Maquinaria Ensino.
Cristina Cantero, Adestradora Celta Zorka Recalvi.
Lino López, Adestrador Baxi Ferrol.
Miguel Ángel Pérez, Director Técnico CGAB – Internacional FIBA.
Paula Lema, Árbitra FEB.
Laura Piñeiro, Árbitra FEB.
Iris Díaz, Árbitra FEB.

Inscrición
A información completa do Clínic, así como o trámite para o proceso de inscrición pode xestionarse vía mail. A dirección de contacto é ajsc_lugo@hotmail.com.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram