Clínic C.B. Porto do Son: “Como construír un novo Baloncesto de Formación”

CB Porto do Son, coa estreita colaboración do Concello de Porto do Son e a súa Concellaría de Turismo e Deportes, trae a actualidade un nova oferta formativa, pensada para todos aqueles adestradores galegos que desexen ampliar a súa parcela didáctica.

Programado para os vindeiros días 3 e 4 de maio, chega así o Clínic “Como construír un Baloncesto de Formación”, guiado por catro poñentes de referencia no noso actual baloncesto: Pepe Casal, Carlos Maceiras, Quique Dopico e Alberto Blanco.

O Pavillón David Vidal (Portosín) acollerá catro charlas diferenciadas, cada unha da man destes catro protagonistas, que tocarán diferentes aspectos relativos ao Baloncesto en idade de aprendizaxe.

O programa concreto das mesmas seguirá a seguinte orde:

(03/05/14. 17:30 h) Pepe Casal (Preparador Físico Selección Española Absoluta JJOO Pekín): “A preparación física no baloncesto de formación”.

(03/05/14. 19:30 h) Carlos Maceiras (Adestrador Superior, actualmente no Blanco Amor Ourense): “Escola Baloncesto: movemento, diversión e adicción”.

(04/05/14. 10:30 h) Quique Dopico (Adestrador Superior, Coordinador – Adestrador Porriño Baloncesto Base): “Análise de Ataques Clásicos aplicados ao Baloncesto de Formación”.

(04/05/14. 12:30 h) Alberto Blanco (Presidente do C.B. Vilagarcía e European Scout): “O xenoma do xogador de Baloncesto. Condicións Físicas e técnicas necesarias para chegar a elite”.

Inscrición
Con tres diferentes opcións de prezo que faciliten a participación e o pago para os interesados, CB Porto do Son mantén aberta ata o vindeiro dous de maio a recepción de preincricións, a enviar a través da dirección: cbportodoson@gmail.com

Todos os detalles que é preciso coñecer para levar a cabo este proceso poden consultarse no documento informativo sobre o Clínic que aquí achegamos.

Validación
O Clínic “Como construír un novo Baloncesto de Formación” está homologado pola Área de Adestradores da FGB, a cal outorgará un total de 12 HORAS a aqueles alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2.

“Como construír un novo Baloncesto de Formación”: información e inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram