CLB, novo impulso para o baloncesto de formación

A Federación Galega de Baloncesto desexa felicitar a CLB, a nova entidade resultante da fusión entre A.D. Cortega, Liceo Casino e BBC, pola súa presentación oficial nesta temporada.

Tras a posta de longo das súas categorías inferiores, celebrada o pasado domingo, 26 de outubro; preséntase unha andaina apaixoante para un total de 43 equipos que representan, baixo a indicada denominación CLB, unha nova aposta dos clubs galegos polo baloncesto de formación.

Preto de 600 deportistas reúnense xa en torno a un mesmo espíritu de traballo, o dun CLB que estamos seguros de que será importante para seguir a dinamizar, xunto aos outros clubs xa presentes na zona, o basket da Delegación FGB en Arousa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram